Image Alt

Revisión da normativa dos espazos costeiros dentro da Rede de Pueblos del Surf

Revisión da normativa dos espazos costeiros dentro da Rede de Pueblos del Surf

O pasado mércores 18 de xuño ás 9h30 tivo lugar a última mesa para a revisión da normativa que afecta aos espazos de costa. Nesta ocasión, a reunión realizouse en formato online, coa asistencia de representantes de todas as entidades que conforman a Rede de Pueblos del Surf.

Tras o traballo previo realizado nas dúas mesas anteriores (unha celebrada en Somo, o 27 de marzo, e a última en Getxo o 5 de xuño), a última mesa centrouse nas propostas xerais para a actualización das normativas locais, tendo en conta as achegas e temas traballados con anterioridade, así como as preocupacións e necesidades de cada unha das entidades integrantes do proxecto.

Entre as propostas realizadas, búscase facer concursos máis competitivos e promover unha xestión máis coidadosa do destino turístico, implicar máis activamente ás entidades públicas na planificación turística e buscar novas fórmulas comúns para os criterios de selección, entre outras cuestións.

Esta é unha acción promovida polo Concello de Getxo e un fito clave dentro do proxecto da Rede de Pueblos del Surf, iniciativa incluída no programa “Experiencias España”, financiado con fondos europeos “NextGeneration”.

Register

You don't have permission to register