Dende 2017, o núcleo de Loredo conta cunha instalación de 250m² composta por unha plataforma de formigón pulido cun bowl de 1,20 metros de altura e múltiples transicións que favorecen a fluidez ao patinar. O skatepark atópase nunha zona verde a poucos metros da praia, ampliando a oferta de actividades da contorna.
Os elementos incorporados están deseñados para diferentes niveis de destreza. Todas as estruturas metálicas son de aceiro galvanizado e as superficies de deslizamento están pensadas para facilitar o desprazamento e resistir o paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas.