No corazón da praia de Razo, o Náutico renace cunha proposta que combina gastronomía de proximidade e aloxamento con encanto, todo nun escenario incomparable.
Aquí, onde o mar é o protagonista e o tempo semella ir máis amodo, xorde unha experiencia pensada para desfrutar con todos os sentidos.
A súa cociña é o corazón do Náutico. Elaboran cada prato con coidado, respecto polo produto e inspiración na tradición local. A carta varía segundo a tempada, pero mantendo sempre un mesmo fío condutor: produto fresco, de proximidade, e sabores que falan de Galicia. Dende peixes e mariscos da Costa da Morte ata carnes do interior. Cada bocado é unha homenaxe ao territorio. É parte da viaxe.
O Náutico é tamén un lugar onde quedar. Tras unha profunda reforma, ofrece un espazo acolledor e funcional, perfecto para relaxarse ao rematar o día ou simplemente para desconectar. As habitacións están pensadas para garantir un descanso reparador, nun ambiente tranquilo e con vistas únicas ao océano. Aberto 365 día ao ano.
Tanto se vas facer surf, como se buscas desconectar ou gozar da gastronomía, o Náutico de Razo agárdate cunha proposta que combina mar, sabor e descanso.