Arenal de 500 metros de longo de area fina e dourada, posúe un ecosistema dunar protexido e declarado Monumento Natural, no que se conserva un gran ecosistema, no que habitan especies como o barrón, que fixa as dunas; o nardo mariño ou o cardo de mar, arbustos como madroños ou aligustres e animais como a lagartixa rochosa e diversas aves mariñas.
Está dotada de bos equipamentos, aparcamento cerca da praia, accédese por unha pasarela de madeira, conta con duchas, servizos de socorrismo e hostalaría.
Ten un forte oleaxe e está moi exposta aos ventos do nordeste, é unha das máis concurridas para a práctica do surf, sendo apta para todos os niveis. Múltiples picos con longas dereitas e esquerdas, swell do noroeste.