A praia de Langre é unha das máis valoradas por aquelas persoas que a visitan cada ano. Polas súas características únicas, está recoñecida como unha das praias máis fermosas de Cantabria. Trátase dun areal duns 1.000 metros de lonxitude, rodeado por altos e abruptos cantís. Está dividida en dúas calas por un saliente rochoso que permite o paso entre elas durante a marea baixa. No seu momento, foi unha das primeiras praias nudistas do territorio, sendo un lugar privilexiado tanto para o baño como para practicar deportes náuticos, especialmente o surf.
DATOS DO SPOT
- Condicións óptimas de marea: marea baixa, media ou alta
- Tipo de onda: variables. A zona máis ao leste é a mellor para surfear; con mar potente fórmanse varios picos ao longo de toda a praia.
- Swell: un metro
- Vento: sur, suroeste, leste
- Fondo: area
- Nivel requirido: baixo, ideal para persoas principiantes que buscan soltura nas ondas
- Temperatura da auga: 13º no inverno; 20º no verán
SERVIZOS
- Socorrismo
- Aparcadoiro: público e privado