Obradoiro de panadaría e pastelería cunha cafetería. Conta cunha pequena tenda de produtos gastronómicos, así como unha selección de artigos de menaxe e de agasallo.
O seu local está nunha das torres dos Gauzones de Salinas, a escasos metros da praia. Contan cunha pequena terraza exterior, no seu local admiten animais e teñen servizo take away cunha ampla variedade de produtos como zumes, café, refrescos, sándwiches, produtos de repostería ou pizas.
Abren de xoves a domingo de 9:30 a 15:30 h fóra de tempada e en verán de 9:30 a 15:30 e de 19:00 a 22:30 h. Teñen unha popup chamada Allegra onde fan pizas para recoller, só as serven no horario de tarde.