Se o que buscas é desconectar, Morada Atlántica é o lugar perfecto. Situada a poucos minutos da praia de Razo, esta casa de hóspedes é moito máis ca un aloxamento: é un espazo pensado para sentir, compartir e vivir o mar dende a calma e a beleza da Costa da Morte.
Cada recuncho está coidado ao detalle, cunha decoración que mestura tradición galega e estética contemporánea, creando unha atmosfera acolledora e única. Os apartamentos, cuxa capacidade vai dende catro a sete persoas, teñen nomes dos oficios tradicionais do mar: naseiro, redeira, percebeiro, mariñeiro,…e convidan ao descanso e á contemplación.
A Morada Atlántica ofrece:
Aloxamento en apartamentos con encanto e vistas, catro deles con jacuzzi, algúns no interior da habitación principal e outros na terraza ou porche
Almorzos elaborados con produtos locais e ecolóxicos
Xardín cunha gran piscina de 15 metros de longo e espazos comúns onde parar o tempo, equipados con chimenea e zona de estar con xogos de mesa, libros de lectura,…
Numerosas actividades e experiencias vinculadas á natureza, ao surf e ao benestar