Na estrada entre Carballo e Caión, agarda unha mesa panorámica que é unha verdadeira xoia fronte ao espectacular espazo natural de Razo-Baldaio. Desde aquí, a vista abrangue toda a costa carballesa: Monte Neme, Razo, Malpica, o miradoiro e capela de Santa Irene, os baixos de Baldaio, o sistema dunar, a lagoa e praia de Baldaio, a marisma e as praias de Pedra do Sal, Arnela e Leira.
Un plan perfecto para conectar coa natureza, preparar a túa próxima aventura ou simplemente gozar dun momento de relax co mellor pano de fondo: o Atlántico e as súas ondas.