En plena costa de Baldaio, reabre as súas portas o restaurante As Saíñas, un clásico da Pedra do Sal con máis de tres décadas de historia. Durante 36 anos, As Saíñas foi unha referencia na zona pola súa cociña de mariscos frescos, peixes do día e carnes á brasa, servidos con proximidade e sinxeleza. Hoxe, ese carácter de sempre renóvase con novas enerxías e unha proposta que mantén a esencia tradicional pero abre a porta a novas xeracións de amantes da boa mesa, o mar e a comunidade.

O restaurante, situado a poucos pasos da praia, convértese de novo nun lugar de encontro para surfistas, camiñantes e veciñanza, un punto onde recargar corpo e alma tras un baño no Atlántico ou unha xornada na costa dos soños. O equipo —con Alma como fiel compañeira na cociña— ofrece unha experiencia que combina produto galego, tradición e un entorno único.

Información de contacto

Mesón Parrillada As Saiñas, Lugar, Pedra Sal, Carballo, España

Social Profiles:

Register

You don't have permission to register