A 5 minutos da praia de Pedra do Sal poderás gozar das ondas de catro praias diferentes. A 30 minutos do centro da Coruña, La Wave Surf Coruña (praia de Baldaio) atópase nunha zona única e privilexiada, rodeada de grandes zonas boscosas, propias das paisaxes galegas.

Decorada con moita exquisitez, cun estilo moderno, atractivo e cun toque rústico. As habitacións dobres son amplas e contan con baño privado, TV e calefacción. As habitacións compartidas son liteiras moi cómodas que foron reformadas e cambiadas en 2020 para maior confort da persoa visitante. Teñen baño compartido con toalla e sabas por cama.

Realizan todo tipo de actividades, cunha zona de xardín para gozar da natureza e do resto de surfistas. Experiencias, historias, anécdotas e moitísima diversión agárdanche na súa zona chill out. Un espazo idóneo para conectar contigo mesmo e coa natureza, para descansar ou simplemente meditar.

Información de contacto
Social Profiles:

Register

You don't have permission to register