Se queres visitar Somo e pasar uns días gozando das mellores ondas, en Koa tes a oportunidade de aloxarte nalgún dos seus dous fermosos apartamentos: «Koa Alta» e «Koa Baja».
Dende aquí, en apenas uns minutos camiñando, accederás a un dos mellores puntos de surf desta costa. Se queres explorar Somo, estás nun lugar ideal para chegar a calquera parte andando; e se te apetece achegarte a Santander, só tes que coller algunha das lanchas que saen da praia de Somo e cruzan a baía de Santander.
Déixamoste máis información sobre os apartamentos:
KOA ALTA
Correspóndese coa primeira planta da Koa House e ten entrada independente. Dispón de 3 habitacións: a primeira con cama de matrimonio e cama individual; a segunda con liteira e cama individual; e a terceira con dúas camas individuais. Tamén conta con salón (con outra cama individual e sofá cama), cociña totalmente equipada e un baño.
KOA BAJA
Na planta baixa da Koa House atoparás un apartamento con 3 habitacións: 2 dormitorios con camas individuais dobres e un con liteira e cama individual. Tamén dispón de cociña completa, salón e baño.
No exterior poderás gozar do fermoso xardín ou da zona de barbacoa dispoñible.