Obradoiro de táboas de surf clásicas. Só resina tintada, moita arte e amor polo que facemos. Isto é Happybay.
Happybay naceu cando os camiños de dous amantes do surf se xuntaron para crear algo bo.
Matia Xulberti é a alma máter deste lugar: a persoa que dará vida ás túas ideas e fabricará a táboa perfecta para ti.
Ximo Bosch será o teu mellor aliado: a persoa que te acompañará, aconsellará e guiará á hora de escoller a túa táboa ou comezar un novo proxecto personalizado.