Na Escola +QSURF atoparás un espazo para todas aquelas persoas con ganas de vivir unha boa experiencia de ondas, mar, sol e praia, nun entorno privilexiado.

A escola atópase en Loredo, unha das praias con mellores condicións para surfear durante todo o ano, tanto para iniciarse como para perfeccionar; mesmo con ondas grandes como as da Illa de Santa Mariña.

As súas instalacións contan con todo tipo de comodidades: acceso doado á praia, zona de proxeccións e adestramento en seco, vestiarios, zona infantil e WiFi gratuíta. Tamén dispoñen dun boulder de escalada para mellorar a forma física, a elasticidade e a concentración.

A súa filosofía de aprendizaxe baséase na atención personalizada a cada alumno/a, a través de grupos moi reducidos e adaptando a metodoloxía segundo o nivel de surf. O seu método potencia o coñecemento do medio, a técnica, a seguridade nas ondas e a confianza en un mesmo. Todo isto sen esquecer nunca: quen mellor surfea é quen máis se divirte!

  • Bautismos de surf, clases de iniciación e perfeccionamento para todas as idades
  • Surfcamps para adultos e nenos/as
  • Alugueiro de material
  • Clases de surfskate
  • Cursos de escalada
  • Escola oficial do Concello de Ribamontán al Mar, da Federación Española de Surf e da International Surfing Association
Información de contacto

Escuela de surf +QSURF "Masquesurf", Loredo, España

Social Profiles:

Register

You don't have permission to register