O Camping As Névedas ofrece unha experiencia auténtica para os amantes do surf e do aire libre. Conta con apartamentos acolledores e totalmente equipados para un máximo de 4 ou 5 persoas, pensados para que te sintas coma na casa despois de cada sesión de ondas.
Para os que prefiren a acampada tradicional, As Névedas ofrece amplas parcelas individuais rodeadas de arbustos, garantindo a tranquilidade e a distancia social. Todas as parcelas contan con conexión eléctrica de 10A e espazo para vehículos. Nas instalacións do camping hai zonas verdes, parque infantil, conexión wifi, duchas con auga quente, zonas de ocio e áreas para compartir momentos ao aire libre. Un perfecto para combinar surf, natureza e descanso nun ambiente auténtico e familiar.