Este espazo con encanto convértese cada tarde nun balcón ao Atlántico, perfecto para gozar dun cóctel, un batido de xeado ou un sorbete refrescante mentres cae o sol.

A súa proposta gastronómica mestura tradición e sabor con toques moi nosos: destaca a súa famosa tosta de roxóns con queixo San Simón, un clásico xa entre quen repite visita. Tamén hai opcións máis lixeiras e saborosas, como a tosta de queixo, tomate e anchoas, ensaladas fresquiñas e un gazpacho ideal para os días de calor.

Un sitio perfecto para deixarse levar, desconectar e brindar fronte ao mar cun ambiente idílico. Sen dúbida, o lugar onde quererás volver.

Información de contacto

Chiringuito Belisco Do Norte, Fronte á zona da Cabreira - Praia de Razo, Rúa Mar Caribe, Carballo, España

Social Profiles:

Register

You don't have permission to register