Apartamentos situados nun edificio de tres pisos, pensados para que cada un acolla catro persoas. Cada piso dispón de dúas habitacións dobres, baño, e unha cociña-comedor completamente equipada: neveira, conxelador, lavadora, TV, sofás e calefacción para os días máis fresquiños. Todo pensado para que te sintas coma na casa, con comodidades que non poden faltar despois dunha sesión de surf.
Fóra, un xardín con asador convida a compartir momentos e historias coa comunidade surfeira, mentres que o aparcamento privado dentro da finca facilita a chegada e saída sen complicacións.
A poucos pasos tes unha oferta completa: cafeterías, restaurantes, panadería, chiringuitos para tomar algo e un parque infantil para os que viaxan en familia. Se queres explorar máis, a 8 km está Carballo, con todo o que precisas en ocio e servizos, e conexión directa coa Coruña, Santiago e Fisterra.
Nos apartamentos Do Ramón, a localización, a comodidade e o ambiente surf únense para que a túa estancia en Razo sexa inesquecible.