En plena Costa da Morte, entre a forza do Atlántico e a calma das marismas de Baldaio, agroma Vila do Sal: un lugar feito para estar, sentir e saborear. Máis que un espazo, é unha experiencia que convida a conectar coa natureza, co mar e co tempo lento.
A súa localización privilexiada, a poucos metros da praia de Baldaio, fai que sexa o refuxio ideal para surfistas, viaxeiros e amantes da vida ao aire libre. Vila do Sal combina aloxamento con encanto, cociña consciente e un coidado especial pola sustentabilidade.
En Vila do Sal atoparás suites e habitacións con carácter e vistas ao entorno natural; un restaurante que aposta polos produtos locais, frescos e de tempada; un ambiente familiar, tranquilo e auténtico e actividades ligadas ao mar, ao deporte e ao benestar.
Dirección: Pedra do Sal, nº 66. Lema