Destinos
Descubre as localidades únicas que forman parte da Rede de Pobos do Surf. Cada destino combina ondas de calidade para surfistas de tódolos niveis cunha rica herdanza cultural e paisaxes naturais impresionantes. Dende as costas de Galicia ata os vibrantes destinos do País Vasco, cada lugar ofrece unha experiencia auténtica que conecta o surf co respecto polo entorno e as comunidades locais.
Ferrol (Galicia)
Ferrol, con praias que ofrecen condicións ideais para surfistas de tódolos niveis, é outro destacado destino da Rede de Pobos do Surf. A súa beleza natural e rica tradición surfeira fan de Ferrol un destino imprescindible para os surfistas que buscan unha experiencia auténtica en Galicia.
Castrillon (Asturias)
Castrillón, o concello das sete praias, é un paraíso para os surfistas. Praias como San Juan, Salinas e Arnao ofrecen condicións ideais para todos os niveis de surfistas. Ademais, o Salinas Longboard Festival atrae a milleiros de surfistas de toda Europa, consolidando a Castrillón como un punto de referencia para o surf en Asturias.
Getxo (Euskadi)
Sen dúbida, é unha das grandes canteiras do surf vasco e do deslizamento en xeral. Dela saíron figuras europeas como Eneko Acero ou Garazi Sánchez, así como skaters como Txus Dominguez ou Alain Goikoetxea, actual seleccionador nacional.
Ribamontán al Mar (Cantabria)
Ribamontán al Mar, un dos destinos de surf máis importantes de Cantabria, ofrece ondas poderosas e paisaxes espectaculares. É un lugar de encontro para surfistas locais e internacionais, e a súa combinación de natureza virxe e tradición surfista convérteo nun lugar inesquecible para os amantes do surf.
Carballo (Galicia)
Carballo, lugar onde naciu o primeiro campamento de surf de Europa, conta con cinco praias idóneas para a práctica deste deporte durante todo o ano e para todos os niveis. A súas potentes ondas rompen con forza nun entorno natural protexido de gran beleza e riqueza ecolóxica, o que fai que surfear en Carballo sexa unha vivencia plena e inesquecible.