Image Alt

Carballo promove formación gratuíta en emprendemento dentro da Rede de Pobos do Surf

Carballo promove formación gratuíta en emprendemento dentro da Rede de Pobos do Surf

O Concello de Carballo organiza xornadas formativas dirixidas a emprendedores do sector do surf.

O programa é gratuíto e céntrase en catro áreas de actuación:

  • A definición do modelo de negocio, buscando o equilibrio económico, social e ambiental.
  • O establecemento dunha estratexia de negocio a curto, medio e longo prazo.
  • O deseño dun plan financeiro que permita coñecer onde, cando e canto gasta e gaña a empresa, para poder tomar as decisións máis axeitadas.
  • A xestión da comunicación.

O obxectivo da Rede de Pobos do Surf —financiada con fondos europeos e da que forman parte a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ferrol e os concellos de Carballo (Galicia), Castrillón (Asturias), Ribamontán al Mar (Cantabria) e Getxo (Bizkaia)— é fomentar o desenvolvemento sustentable a través do emprendemento costeiro.

Estas xornadas en Carballo representan unha peza máis no desenvolvemento coordinado do proxecto.

Animamos aos axentes locais —escolas, aloxamentos, empresas de lecer e deporte— a participar nestas xornadas: https://emprendersurf.org/

Register

You don't have permission to register